{"id":159579,"date":"2024-03-19T00:00:00","date_gmt":"2024-03-18T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/dereito.ideit.net\/o-campus-de-ourense-amosa-o-seu-potencial-academico-e-investigador-a-arredor-de-800-estudantes-preuniversitarios\/"},"modified":"2024-03-19T00:00:00","modified_gmt":"2024-03-18T23:00:00","slug":"o-campus-de-ourense-amosa-o-seu-potencial-academico-e-investigador-a-arredor-de-800-estudantes-preuniversitarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/03\/o-campus-de-ourense-amosa-o-seu-potencial-academico-e-investigador-a-arredor-de-800-estudantes-preuniversitarios\/","title":{"rendered":"O campus de Ourense amosa o seu potencial acad\u00e9mico e investigador a arredor de 800 estudantes preuniversitarios"},"content":{"rendered":"<p>O venres, 22 de marzo, cel\u00e9brase o D\u00eda Mundial da Auga. \u00c9 un data significada no calendario do campus de Ourense xa que nel desenv\u00f3lvese o Campus Auga, un proxecto de especializaci\u00f3n arredor dos recursos h\u00eddricos e alimentarios acreditado recentemente pola Xunta de Galicia. Cada curso acad\u00e9mico, en datas pr\u00f3ximas a ese d\u00eda, o campus de Ourense abre as s\u00faas portas \u00e1s futuras xeraci\u00f3ns de universitarias e universitarios para que co\u00f1ezan de primeira man a s\u00faa vida acad\u00e9mica e investigadora. Este ano, a cita cel\u00e9brase este martes e m\u00e9rcores coa participaci\u00f3n de arredor de 800 estudantes preuniversitarios.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n, organizada pola Vicerreitor\u00eda do campus de Ourense co apoio da&nbsp;Vicerreitor\u00eda de Estudantado e Empregabilidade da UVigo, arrancou este martes coa arredor de 300 estudantes de Bacharelato, acompa\u00f1ados por docentes, de cinco centros educativos, a maior\u00eda da provincia de Ourense, como son o IES Xes\u00fas Taboada Chivite (Ver\u00edn), o CPR Malvedo (Coles), o CPR Pluriling\u00fce M\u00aa Auxiliadora (Ourense), o IES Universidade Laboral (Ourense) e o IES Val do Asma (Chantada). Para darlle a benvida estivo Francisco Javier Rodr\u00edguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, que destacou que esta actividade se celebra tendo en conta a conmemoraci\u00f3n do D\u00eda Mundial da Auga e este ano tam\u00e9n os 50 anos de historia do campus ourens\u00e1n. O responsable acad\u00e9mico agradeceulle aos institutos e ao seu alumnado e profesorado \u201cque ve\u00f1an a co\u00f1ecer un campus fant\u00e1stico como \u00e9 o noso\u00bb nunhas xornadas que te\u00f1en como obxectivo principal que co\u00f1ezan de primeira man as s\u00faas instalaci\u00f3ns, servizos, centros e titulaci\u00f3ns, tendo en conta que nun futuro pr\u00f3ximo estes estudantes ter\u00e1n que elixir que carreira universitaria queren facer e onde.<\/p>\n<p>O vicerreitor animou ao alumnado a aproveitar esta visita para saber m\u00e1is dun campus no que, destacou, \u201ccontamos con instalaci\u00f3ns de vangarda tanto no eido acad\u00e9mico como investigador e das que estamos moi orgullosos\u201d. Al\u00e9n da calidade investigadora e tam\u00e9n docente, Francisco Javier Rodr\u00edguez puxo en valor a rica vida universitaria que se desenvolve nel grazas \u00e1 s\u00faa programaci\u00f3n deportiva e cultural. Lembrando que as titulaci\u00f3ns que nel se imparten te\u00f1en en xeral unha alta taxa de empregabilidade e emprego de calidade, o responsable acad\u00e9mico indicou que cada curso acad\u00e9mico o campus de Ourense acada taxas de matr\u00edcula do 100%. \u201cCon xornadas coma esta queremos continuar nesta li\u00f1a de bos resultados e seguir mellorando cada d\u00eda, en estreita colaboraci\u00f3n coa nosa contorna\u201d, afirmou.<\/p>\n<h3>Nove centros, 16 graos<\/h3>\n<p>Tras a benvida conxunta, o alumnado dividiuse en pequenos grupos para realizar dous itinerarios segundo a s\u00faa modalidade de Bacharelato e tendo en conta as tem\u00e1ticas das nove facultades e escolas que hai no campus de Ourense, nas que, lembrouse na visita, se imparten 16 t\u00edtulos de grao, tres programas conxuntos de dobres graos, 12 mestrados e sete programas de doutoramento, acheg\u00e1ndose a cifra de alumnado aos 4800.<\/p>\n<p>O itinerario do \u00e1mbito xur\u00eddico-social, humanidades e artes permitiulle ao alumnado participante co\u00f1ecer as facultades de Educaci\u00f3n e Traballo Social; Historia; Ciencias Empresariais e Turismo; Dereito e Relaci\u00f3ns Internacionais. O itinerario de ciencias e enxe\u00f1ar\u00eda levounos \u00e1 Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica; \u00e1 Facultade de Ciencias; \u00e1 Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Aeron\u00e1utica e do Espazo e \u00e1 Escola Universitaria de Enfermar\u00eda. En ambos casos percorreron os seus edificios, co\u00f1ecendo desde as s\u00faas aulas e laboratorios ata museos que albergan, da man de membros dos seus equipos decanais e directivos, que foron explic\u00e1ndolles todo tipo de cuesti\u00f3ns referidas \u00e1s s\u00faas titulaci\u00f3ns, actividades e sa\u00eddas profesionais. Igualmente, en diferentes laboratorios as e os estudantes acheg\u00e1ronse ao traballo investigador que se realiza nas facultades e escolas ourens\u00e1s, especialmente no caso da Facultade de Ciencias pero tam\u00e9n en eidos como a arqueolox\u00eda ou o espacial. No seu percorrido polo campus de Ourense tam\u00e9n tiveron a oportunidade de co\u00f1ecer instalaci\u00f3ns com\u00fans, como as deportivas, a biblioteca universitaria e as zonas verdes.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/campus-ourense-amosa-seu-potencial-academico-investigador-arredor-800-estudantes-preuniversitarios\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O venres, 22 de marzo, cel\u00e9brase o D\u00eda Mundial da Auga. \u00c9 un data significada no calendario do campus de Ourense xa que nel desenv\u00f3lvese &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/03\/o-campus-de-ourense-amosa-o-seu-potencial-academico-e-investigador-a-arredor-de-800-estudantes-preuniversitarios\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":159577,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-159579","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/159579","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=159579"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/159579\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/159577"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=159579"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=159579"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=159579"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}