{"id":159194,"date":"2024-02-06T00:00:00","date_gmt":"2024-02-05T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/dereito.ideit.net\/a-uvigo-concede-o-seu-distintivo-de-empregabilidade-a-dereito-ciencias-economicas-e-empresariais-e-enxenaria-de-telecomunicacion\/"},"modified":"2024-02-06T00:00:00","modified_gmt":"2024-02-05T23:00:00","slug":"a-uvigo-concede-o-seu-distintivo-de-empregabilidade-a-dereito-ciencias-economicas-e-empresariais-e-enxenaria-de-telecomunicacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/02\/a-uvigo-concede-o-seu-distintivo-de-empregabilidade-a-dereito-ciencias-economicas-e-empresariais-e-enxenaria-de-telecomunicacion\/","title":{"rendered":"A UVigo concede o seu Distintivo de Empregabilidade a Dereito, Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais e Enxe\u00f1ar\u00eda de Telecomunicaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O pasado ano a Universidade de Vigo puxo en marcha un <a href=\"https:\/\/secretaria.uvigo.gal\/uv\/web\/convocatoria\/public\/show\/1208\">Distintivo de Empregabilidade<\/a> destinado a reco\u00f1ecer e incentivar a promoci\u00f3n de acci\u00f3ns realizadas neste eido nos seus diferentes centros docentes. A Facultade de Dereito (do campus de Ourense) e a Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais e a Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda de Telecomunicaci\u00f3n (ambas do campus de Vigo) son as primeiras en acadar agora este reco\u00f1ecemento. No acto de entrega do primeiro destes distintivos, celebrado este martes en Ourense, Manuel Reigosa subli\u00f1ou que \u201ca preocupaci\u00f3n pola empregabilidade dos nos egresados e egresadas est\u00e1 no noso ADN, desde o principio e en todos os nosos centros\u201d e que con este novo galard\u00f3n quere darse un paso m\u00e1is no seu impulso. &nbsp;<\/p>\n<h3>Reco\u00f1ecemento a un ampla traxectoria<\/h3>\n<p>Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da UVigo, explicou que con este distintivo a instituci\u00f3n acad\u00e9mica quere reco\u00f1ecer publicamente as facultades e escolas que \u201cdestaquen na promoci\u00f3n activa e permanente da mellora da empregabilidade do seu alumnado\u201d. Seguindo o modelo de iniciativas anteriores como o Distintivo de Igualdade, consiste nunha insignia para expo\u00f1ela publicamente no centro, ten unha vixencia de tres anos (2023-2026) e vai acompa\u00f1ado dunha cont\u00eda econ\u00f3mica de 2000 euros que os centros poden empregar para desenvolver m\u00e1is actividades ou iniciativas neste eido. Na s\u00faa primeira convocatoria, a comisi\u00f3n de avaliaci\u00f3n puntuou dos centros presentados aspectos, en relaci\u00f3n coa empregabilidade, como a implicaci\u00f3n acad\u00e9mica; a organizaci\u00f3n de acci\u00f3ns propias; a participaci\u00f3n do alumnado e a implicaci\u00f3n tanto na organizaci\u00f3n das feiras de emprego da UVigo como en actividades promovidas pola s\u00faa \u00c1rea de Emprego e Emprendemento.<\/p>\n<p>Os tres centros distinguidos nesta primeira edici\u00f3n te\u00f1en unha ampla traxectoria na organizaci\u00f3n de actividades vinculadas \u00e1 orientaci\u00f3n profesional do seu alumando e na intermediaci\u00f3n universitaria no emprego, contando todos eles cunha dilatada experiencia na organizaci\u00f3n de feiras de emprego. No caso da Facultade de Dereito, desde a organizaci\u00f3n do distintivo destacan, ademais da s\u00faa feira Orienta Iuris, a s\u00faa colaboraci\u00f3n coa \u00c1rea de Emprego e Emprendemento no dese\u00f1o, impartici\u00f3n e organizaci\u00f3n de actividades, en particular aquelas vinculadas a orientaci\u00f3n do alumnado e a mellora das s\u00faas competencias. Polo que respecta \u00e1 Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais po\u00f1en en valor o alto n\u00famero de alumnado que est\u00e1 rexistrado na plataforma de busca de ofertas de emprego e que participa nos obradoiros\/charlas organizadas desde esta \u00e1rea. Por \u00faltimo, da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda de Telecomunicaci\u00f3n subli\u00f1an o n\u00famero e acci\u00f3ns propias que organizan e a implicaci\u00f3n do plan de organizaci\u00f3n docente en acci\u00f3ns que favorecen a conexi\u00f3n coas entidades externas.<\/p>\n<h3>Ilusi\u00f3n e responsabilidade<\/h3>\n<p>Este martes celebrouse a entrega do distintivo \u00e1 Facultade de Dereito de Ourense, por ser o que acadou unha maior puntuaci\u00f3n na convocatoria, nun acto que contou coa asistencia de membros da comunidade universitaria e representantes de entidades p\u00fablicas e privadas coas que o centro colabora, estando, entre outros Francisco Javier Rodr\u00edguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Rosendo Fern\u00e1ndez, vicepresidente da Deputaci\u00f3n Provincial, e Elena Rivo, conselleira de Promoci\u00f3n do Emprego e Igualdade da Xunta. Esta \u00faltima subli\u00f1ou na s\u00faa intervenci\u00f3n que a universidade constit\u00fae \u201cunha porta de acceso ao emprego\u201d e que este novo distintivo sup\u00f3n unha oportunidade para visibilizar a\u00ednda m\u00e1is o seu traballo neste eido, apostando por avanzar cara un mellor acceso ao emprego e ao emprego de calidade. &nbsp;<\/p>\n<p>No acto de entrega o reitor da UVigo amosou o seu agradecemento e satisfacci\u00f3n pola posta en marcha deste distintivo e deu os parab\u00e9ns ao primeiro centro en recibilo, subli\u00f1ando que a Facultade de Dereito estao \u201cfacendo moi ben\u201d en empregabilidade. O responsable acad\u00e9mico recalcou o compromiso da Universidade coa empregabilidade dos seus egresados e egresadas e sinalou que esta \u00e9 froito do talento e o esforzo dos diferentes colectivos da comunidade universitaria, tanto alumnado, como persoal docente e investigador como persoal de administraci\u00f3n e servizos. Manuel Reigosa indicou no seu discurso que \u00abestamos probablemente ante as xeraci\u00f3ns mellor formadas\u00bb, apostou pola retenci\u00f3n de talento e a colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada e amosou o desexo da instituci\u00f3n acad\u00e9mica de \u201ccontribu\u00edr a unha sociedade cada vez mellor\u201d a trav\u00e9s da formaci\u00f3n e o emprego de calidade de titulados e tituladas.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Susana \u00c1lvarez, decana da Facultade de Dereito, recibiu o galard\u00f3n en nome do centro destacando a \u201cilusi\u00f3n e responsabilidade\u201d que conleva. A responsable acad\u00e9mica salientou que este reco\u00f1ecemento \u00e9 froito do \u201cesforzo conxunto de todos os colectivos da facultade\u201d ao longo dos anos desde a s\u00faa creaci\u00f3n. Igualmente quixo trasladar o seu agradecemento ao tecido empresarial, \u201cpola s\u00faa implicaci\u00f3n\u201d, e \u00e1s administraci\u00f3ns e colexios profesionais, \u201cpolo s\u00faa disposici\u00f3n sempre a colaborar\u201d. Amosando o \u201corgullo\u201d da facultade polos seus egresados e egresadas, Susana \u00c1lvarez puxo en valor os seus datos de empregabilidade e o feito de que o seu traballo \u201cten un impacto directo na vida das persoas\u201d. No acto tam\u00e9n interviron egresadas e egresados do centro para explicar a s\u00faa experiencia de inserci\u00f3n laboral e o impacto positivo que tivo para elas e eles ter participado en iniciativas como as feiras de emprego universitarias.<\/p>\n<p>Nun acto similar, o xoves d\u00eda 8 de febreiro, \u00e1s 17.00 h, no espazo Incuvi no campus de Vigo, recoller\u00e1n igualmente os seus Distintivos de Empregabilidade a Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais e a Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda de Telecomunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/uvigo-concede-seu-distintivo-empregabilidade-dereito-ciencias-economicas-empresariais-enxenaria\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado ano a Universidade de Vigo puxo en marcha un Distintivo de Empregabilidade destinado a reco\u00f1ecer e incentivar a promoci\u00f3n de acci\u00f3ns realizadas neste &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/02\/a-uvigo-concede-o-seu-distintivo-de-empregabilidade-a-dereito-ciencias-economicas-e-empresariais-e-enxenaria-de-telecomunicacion\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":159192,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-159194","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/159194","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=159194"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/159194\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/159192"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=159194"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=159194"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=159194"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}