Mediante unha posta en escena totalmente práctica, o curso proporcionará ao alumnado da Facultade de Dereito aspectos craves para unha comunicación eficaz no exercicio da avogacía: a preparación do preito (control de nervios e da Sala de Vistas, interrogatorio, exposición da alegación, empatía,etc.) e a súa defensa en Sala a través de técnicas procesuais, de oratoria e comunicación, programación neuro lingüística (PNL), intelixencia emocional e técnicas teatrais.
Curso: Oratora xurídica orientada ao exercicio de avogacía
Do medo ao pracer escénico