A xornada pretende proporcionar ao alumnado unha formación complementaria á dispensada no marco da docencia tradicional, sobre temáticas de actualidade, como a vulnerabilidade da muller na economía das plataformas; o dereito a unha protección social suficiente e a brecha de protección das mulleres nos empregos atípicos; o teletraballo e a precariedade da muller; a vulnerabilidad social e a discriminación múltiple das mulleres no mercado de traballo; a conciliación da vida familiar e laboral ou o dereito á desconexión dixital.
Programa
- 12.00 h Acreditación de asistentes. Inauguración
– Águeda Gómez Suárez, Directora da Unidade de Igualdade. Universidade de Vigo
– Marta Fernández Prieto, Decana da Facultade de Dereito
– Francisca Fernández Prol, Profesora titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Universidade de Vigo. Directora da xornada - 12.15 h Muller, dixitalización e precariedade
– Relatora: Lourdes Mella Méndez, Catedrática de Dereito do Traballo da Universidade de Santiago de Compostela - 13.00 h Vulnerabilidade social e discriminación múltiple das mulleres no mercado de traballo
– Relator: Fernando Lousada Arochena, Maxistrado da Sala do Social do TSX de Galicia - 13.45 h Traballo atípico e perspectiva de xénero en materia de protección social
– Relatora: M.ª Reyes Martínez Barroso, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidad de León - 14.30 h Coloquio
- 14.45 h Entrega de diplomas
Inscrición
Ata o 14 de outubro de 2019, mediante e-mail a anamartin@uvigo.es, indicando nome, apelidos, DNI e colectivo (alumno/a, investigador/a, docente, outros).