Facultade de Fisioterapia

Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal

Orienta Iuris, a primeira Feira de emprego especializada no ámbito xurídico en Galicia e norte de Portugal, concíbese como un punto de encontro no que estudantes, titulados e profesionais do mundo do Dereito poidan compartir experiencias, interrelacionarse e mellorar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.

 

Páxina web | Programa | Facebook | Twitter

Orienta Iuris


Este evento, organizado pola Facultade de Dereito do Campus de Ourense, celebrará a súa segunda edición co principal obxectivo de fomentar a empregabilidade do estudantado e a realización de prácticas preprofesionais. Orienta Iuris estrutúrase en tres bloques de actividades:


Taller virtual


A través dun obradoiro virtual, entre o 25 de setembro e o 5 de outubro, os asistentes aprenderán a elaborar o seu cv e a deseñar estratexias para a busca activa de emprego.


Foro de emprego


Actividades participativas como micro-charlas, debates e mesas redondas axudarán ao estudantado no Foro de emprego e práctica xurídica do 6 de outubro a definir o perfil profesional que resulte máis axeitado ás demandas reais do mercado laboral e a coñecer experiencias vividas por profesionais do sector.


Feira de emprego


O día 27 de outubro, na Feira de emprego xurídico, ademáis de mesas redondas con exalumnos da Facultade, haberá unha zona de expositores, onde as entidades colaboradoras poderán presentar os seus programas de formación e carreira, comezar os seus procesos de selección e desenvolver sesións de networking.

Pola súa banda, os alumnos e titulados de Dereito poderán achegarse a estes espazos para coñecer a oferta existente, presentar os seus currículos e manter entrevistas de traballo.