Facultade de Fisioterapia

Prácticas e emprego

A sociedade actual necesita profesionais cunha elevada preparación, con capacidade de innovación e con novas competencias e ferramentas que contribúan ao proceso de mellora continua das empresas e institucións nas que traballen

A experiencia práctica que se recibe no mercado laboral a través das prácticas externas e a empregabilidade de egresados e egresadas é fundamental para complementar a formación universitaria e conseguir aqueles obxectivos.

As prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polo estudantado universitario e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitir ao mesmo aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que lle preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento.

As prácticas curriculares configúranse como unha actividade académica do plano de estudos

Prácticas externas curriculares


A Universidade de Vigo pon tamén a disposición do seu alumnado e persoas egresadas distintos servizos dirixidos a fomentar a súa empregabilidade e mellorar a súa inserción laboral.

Prácticas externas extracurriculares

Emprego e emprendemento

Ofertas de emprego