Facultade de Fisioterapia

Mobilidade nacional

Programa SICUE

O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.

O Coordinador de Relacións Internacionais é a persoa encargada, con apoio do equipo administrativo do centro e da Universidade, de xestionar todo o proceso administrativo, do asesoramento do estudiantado, tanto propio como de acollida, e de organizar a difusión da información. A información sobre o programa difundese na páxina web da Facultade e organizanse anualmente reunións informativas e de asesoramento.

O estudiantado ten á súa disposición información sobre os plans de estudos dos centros de destino.


Convocatoria SICUE 2017-2018


Prazo de presentación: do 10/02/2017 ao 10/03/2017.

A nosa facultade ten convenios para este programa con varias universidades nacionais que imparten o Grao en Dereito:

Oferta de prazas SICUE - Curso 2017-2018
Universidade Cidade Prazas Meses
Universitat Jaume I Castelló de la Plana 2 9
Universitat de Lleida Lleida 2 9
Universidade de Oviedo Oviedo 2 9
Universidad Rey Juan Carlos Madrid 2 9

Convocatoria SICUE 2017-2018

Os requisitos para participar neste programa poden ser consultados na Convocatoria SICUE publicada na web de UVIGO.