Facultade de Fisioterapia

Programas de Mobilidade

A Facultade de Dereito participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)

INFORMACIÓN SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Belén Sánchez Ramos

Coordinadora de Relacións Internacionais

+34 988 368 839

A organización das materias nas diferentes titulacións do centro, na que a optatividade circunscribese ao cuarto curso fai prever que será precisamente nese momento do seu percorrido curricular cando o estudantado estará en disposición de aproveitar axeitadamente as posibilidades de complementar os seus estudos que a mobilidade proporciona.

A estrutura absolutamente semestral que foi adoptada para o plan de estudos debe de servir para facilitar a mobilidade dos estudantado, ao dar a posibilidade de que os mesmos opten, para os sus periodos de estadía noutras universidades, por unha temporalidade anual ou semestral segundo as súas diversas circunstancias persoais.

A mobilidad do estudantado está centrada nos programas SICUE, no ámbito nacional, e ERASMUS, no ámbito europeo, con algunha outra oferta máis puntual de intercambio con outros ámbitos xeográficos máis directamente xestionada dende a Universidade de Vigo (programa ISEP có continente americano, Convenios bilaterais). A oferta parece, en principio, suficiente, se ben hai que ter en conta que a demanda ten motivado –en determinados anos- a necesidade de levar a cabo unha segunda convocatoria.