Composición

Campus de Ourense

Decana da Facultade de Dereito
Marta Fernández Prieto

Coordinadora académica do título
Francisca Fernández Prol

Campus de Vigo

Decano da Fac. de CCXX e do Traballo
Francisco José Torres Pérez

Coordinadora académica do título
Lidia Noriega Rodríguez

 

Competencias

O Grao en Dereito impártese, na Universidade de Vigo, en dous centros e en dúas cidades distintas: a Facultade de Dereito en Ourense e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo en Vigo.

Consciente desta realidade, a memoria do título previu a existencia dunha comisión de coordinación entre as facultades para avaliar e adoptar decisións en relación co desenvolvemento da docencia e das actividades formativas, principalmente.

A Comisión de Coordinación poderá avaliar e adoptar decisións sobre as incidencias ou posibles discordancias que van xurdindo en todos os asuntos nos que sexa necesaria a coordinación entre centros, e, logo do acordo entre as decanas/os, outros asuntos nos que a coordinación poida ser conveniente.

 

Actas

2018: 4-VII
2017: 12-I | 16-V
2016: 9-V | 15-IX | 14-XI
2015: 10-VI | 6-XI

Quen, de acordo co artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, teña a condición de persoa interesada, poderá consultar as actas e os seus anexos na secretaría do decanato.