Facultade de Fisioterapia

Programa Conxunto ADE-Dereito

A configuración dos novos Graos universitarios –de máis curta duración e estrutura académica máis flexible que as vellas Licenciaturas- facilitan o que ata non fai moito tempo era prácticamente imposible: que un estudante poida simultanear estudos de dúas carreiras e conseguir ambos títulos en apenas cinco ou seis anos.

Un dos sectores académicos e profesionais onde máis conexións existen e onde máis froitífera pode ser esa simultaneidade de estudos é o triángulo delimitado polos ámbitos xurídico, empresarial e económico. De feito, repasando a oferta académica da educación superior en España, apréciase con claridade que é ese campo onde máis demanda de programacións conxuntas (simultaneidades de estudos) existe por parte dos novos estudantes na procura da primeira oportunidade no mundo universitario.

Pois ben, á vista desta demanda, e aproveitando e aprendendo da experiencia das Universidades que nos precederon, os órganos centrais de Goberno da Universidade de Vigo e as Facultades de Dereito e de Ciencias Empresariais e Turismo fixemos posible que, a partir deste mesmo ano, quen o desexe poida cursar simultáneamente estudos de Grao en Administración de Empresas (ADE) e Grao en Dereito no Campus de Ourense, podendo, coa ilusión, o esforzo e bo facer dos propios estudantes e do profesorado, conseguir a formación necesaria e os títulos que o acreditan en tan só 5 anos

Invito, por elo, a tódolos novos estudantes que desexen optar por esta vía e entrar no mercado laboral ou profesional coa clara vantaxe competitiva que supón contar con ambos títulos, a que coñezan a nosa oferta académica e a que cursen estes estudos no Campus universitario de Ourense, onde encontrarán un programa Conxunto ADE-Dereito que ofrece unha serie de características e vantaxes académicas e vitais que non poderán atopar reunidas en ningún outro campus universitario español.

 

Esperámoste.

En Ourense, a 17 de febreiro de 2014