Facultade de Fisioterapia

Licenciatura en Dereito

Os estudos de Licenciatura en Dereito comenzaron a impartirse no curso académico 1990/1991, momento no que iniciaba a súa andadura a Facultade de Dereito, creada polo Decreto 416/1990, do 31 de xullo da Xunta de Galicia (DOGA do 10 de agosto), no Campus de Ourense.

A implantación desta titulación foi aprobada pola Xunta de Goberno na sesión do 23 de xullo de 1990 e seguiuse o plan de estudos homologado polo Acordo do 11 de agosto de 1953 (BOE 29/08/1953). Estes estudos extinguíronse no curso académico 2001/2002.

Licenciatura en Dereito

Con posterioridade, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do 8 de setembro de 1993 aprobou un novo plan de estudos segundo o previsto no Real Decreto 1497/1987 de 27 de novembro, plan que foi homologado polo Consello de Universidades mediante Acordo do 12 de abril de 1994. No curso académico 1994/1995 implantáronse os estudos de Licenciatura en Dereito (Rama Xeral) segundo o plan de estudos publicado por Resolución de 30 de maio de 1994, da Universidade de Vigo (BOE 12/07/1994).

Actualmente os estudos de licenciatura están extinguidos definitivamente como consecuencia da implantación dos estudos de Grao en Dereito e a súa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).


Solicitude do Grao de Licenciatura


Tendo en conta a extinción das titulacións LRU, a Universidade de Vigo establece un prazo máximo para que o alumnado licenciado interesado poida optar ao grao de licenciatura nalgunha das dúas modalidades: exame de grao ou tese de licenciatura.

Prazo máximo de solicitude:

Ata o 30 de maio de 2017

Prazo máximo de defensa:

Ata o 28 de decembro de 2018