Facultade de Fisioterapia

Descrición do Título

Graduado/a en Dereito pola Universidade de Vigo

Datos xerais do Título

Código RUCT do Título 2501118
Nivel académico Grao
Rama de coñecemento Ciencias Sociais e Xurídicas
Títulos profesionais
Condición de acceso - Norma
Avogado e Procurador dos Tribunais. O título de grao en Dereito acredita as competencias xurídicas para o acceso ao Mestrado universitario en Avogacía do regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro (aprobado polo Real Decreto 775/2011, de 3 xuño).
Tipo e modalidade de ensino Oficial (adaptada ao EEES). Presencial
Número de prazas ofertadas 50 prazas
Lingua de impartición Castelán, Galego
Plans de estudos do Grao en Dereito impartidos, curso de implantación e cronograma de implantación/extinción dos plans Implantado no curso 2009/2010 e extinguido no curso 2017/2018: no curso 2014/2015 extínguese 1º e mantense 2º, 3º e 4º, no curso 2015/2016 extínguese 2º e mantense 3º e 4º, no curso 2016/2017 extínguese 3º e mantense 4º e no curso 2017/2018 extínguese 4º.
Número de créditos ECTS 240 (60 ECTS Formación básica / 138 ECTS Obrigatorios / 36 ECTS Optativos / 6 ECTS Traballo Fin de Grao).
Mencións impartidas na Facultade de Dereito

Mención en Dereito da Unión Europea: 30 créditos
Mención en Dereito Xudicial: 30 créditos

Número mínimo de ECTS de matrícula
-Réxime de permanencia-
Estudante a tempo completo: alumnado de primeiro curso de novo ingreso número de créditos de primeiro de grao; alumnado de continuación 48 ECTS por curso académico, agás que lle falten menos créditos para rematar os estudos.
Estudante a tempo parcial: 24 ECTS, agás que lle falten menos créditos para rematar os estudos. Alumnado con capacidade diminuída: 6-24 ECTS.
Permanencia: O estudantado a tempo completo deberán superar polo menos 12 créditos na súa primeira matrícula no primeiro curso e superar polo menos 60 créditos cada tres anos de permanencia (6 e 12 respectivamente a tempo parcial).
Duración do programa 4 cursos – 8 cuadrimestres
Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título Non poderá solicitarse con anterioridade á solicitude do título oficial universitario.
Lugar de solicitude: Secretaría de Alumnos do Centro onde rematou os seus estudos
Datas de verificación, publicación, modificación Plan de Estudos e aprobación do título Verificación: 22/06/2009 (Secretaría Xeral de Universidades 13/11/2009)
Autorización na Comunidade Autónoma de Galicia: 27/08/2009 (DOG 16/09/2009)
Aprobación polo Consello de Ministros: 30/10/2009 (BOE 05/01/2010)
Publicación do Plan de Estudos: 15/10/2010 (BOE 03/11/2010 corrección de erros BOE 28/01/2011)
Centros nos que se imparte Facultade de Dereito (Campus de Ourense)
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo)