Facultade de Dereito

Estudos de Grao en Dereito (G080)

Os estudos de Grao en Dereito, adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), impártense na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo dende o curso académico 2009/2010 (G080 – Plan 2010).

No curso académico 2013/2014 modificouse o plan de estudos do Grao en Dereito (G081 – Plan 2014). Este plan de estudos modificado comenzou a implantarse no curso académico 2014/2015.

A implantación do plan de estudos modificado realizouse progresivamente segundo o cronograma preestablecido.


EXTINCIÓN DO PLAN G080 (2010)

Lémbrase que a titulación do Grao en Dereito do Plan G080 (2010) está en proceso de extinción e para o vindeiro curso académico 2018/2019 só será posible matricularse nas materias de 4º curso, que non terán dereito a docencia, só a exame.

Consulta o apartado de exames do curso 2018/2019

O estudantado que desexe cambiarse ao novo Plan G081 (2014) terá que facelo previamente á formalización da matrícula para o curso 2018/2019 a través da Secretaría virtual. O prazo para cambio de plan e posterior matrícula para o curso académico 2018/2019 será do 7 ao 27 de agosto.

Todas as materias do plan G080 teñen adaptación ao plan G081 e a matrícula ten a consideración de 1ª matrícula e polo tanto non figurarían as anteriores convocatorias.