Facultade de Fisioterapia

Estudos de Grao en Dereito

Os estudos de Grao en Dereito, adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), impártense na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo dende o curso académico 2009/ 2010 (G080 – Plan 2010). No curso académico 2013/2014 modificouse o plan de estudos do Grao en Dereito (G081 – Plan 2014). Este plan de estudos modificado comenzou a implantarse no curso académico 2014/2015. A implantación do plan de estudos modificado realizouse progresivamente segundo o cronograma preestablecido.

O alumnado de novo ingreso, que accedeu ao Grao en Dereito no curso académico 2014/2015, incorporouse directamente ao plan de estudos modificado (G081 – Plan 2014). O alumnado de continuación, que comenzou os estudos de Grao en Dereito no plan de estudos (G080 – Plan 2010), tivo a opción de elixir entre as seguintes opcións:

  • Permanecer no plan de estudos que comezaron, tendo en conta que o primeiro curso estará extinguido (sen docencia e con dereito a exame) e segundo, terceiro e cuarto curso estarán completos (con docencia e con dereito a exame).
  • Cambiarse ao novo plan de estudos, tendo en conta que durante o curso 2014-2015 soamente se implantarán o primeiro e o segundo curso. O recoñemento de todas as materias superadas no plan antiguo será automático. O cambio de plan será previo a realización da matrícula para o curso académico 2014/2015.

Obxectivos da títulación


  • Proporcionar unha formación xurídica xeneralista, teórica e práctica, básica e integral en todas as ramas do Dereito, que permita coñecer e manexar os conceptos básicos do Dereito e alcanzar as competencias e habilidades necesarias para o exercicio de profesións xurídicas.
  • Fomentar a aprendizaxe autónoma do alumno.
  • Identificar feitos e problemas xurídicos, extraer argumentalmente consecuencias xurídicas e expoñer de forma oral e escrita a información e as solucións.
  • Comportarse de xeito ético e con responsabilidade social como profesional do Dereito.