Fernández Prieto

Profesor/a titular de universidade

Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Departamento de Dereito Público Especial

Información de contacto

Facultade de Dereito
Edificio xurídico-empresarial
Planta 3, Despacho 22
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 368 826
mfprieto@uvigo.es

Breve CV

Marta Fernández Prieto é profesora titular da Facultade de Dereito (campus de Ourense) da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación Dereito Mercantil e do Traballo (DMT). A súa produción científica xira en torno a temáticas xurídico-laborais e de Seguridade Social moi diversas sobre as que ten numerosas publicacións (entre outras, novas formas de emprego e emprego atípico, autónomos precarios, traballadores novos, xornada de traballo, igualdade e discriminación, conciliación da vida laboral e familiar, traballo a tempo parcial, contrato de relevo, axencias de emprego, sucesión de empresa, cesión ilegal de traballadores, protección social, melloras voluntarias, xubilación, complementos de mínimos, desemprego, traballo no mar, etc.). Ven colaborando como investigadora en múltiples proxectos e accións con financiamento europeo, estatal, autonómico ou local. Foi decana da Facultade de Dereito (desde novembro de 2015 ata febreiro de 2023) e con anterioridade foi vicedecana e secretaria.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Dereito

O03G081V01504 | Dereito do traballo e da seguridade social (coordinador/a) 1 2 3
O03G081V01912 | Libre circulación de traballadores e políticas sociais europeas (coordinador/a) 1 4

2º cuadrimestre

Máster en Avogacía e Procuradoría

O03M110V01204 | Práctica Laboral e de Seguridade Social (coordinador/a)

1 Grupo grande | 2 Grupo mediano A | 3 Grupo mediano B | 4 Grupo mediano (optativas) | 5 Grupo mediano

 

Titorías

1º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.

Investigación

Grupo de investigación

Dereito Mercantil e do Traballo

Liñas de investigación

  • Os dereitos fundamentais ante o cambio do traballo autónomo na era dixital
  • O traballo no mar e a vulnerabilidade dos traballadores
  • Liberdade de circulación de traballadores e mercado de emprego europeo