As prácticas externas curriculares constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos.
As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional.
As prácticas externas curriculares configúranse como unha materias optativa integrada no plano de estudos do Grado en Dereito da Universidade de Vigo (6 créditos ECTS)
Normativa relativa a prácticas externas curriculares
Real Decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas do estudantado universitario.
Regulamento de Prácticas Externas da Uvigo e Instrución para o desenvolvemento das Prácticas externas curriculares
Regulamento de Prácticas externas do Grao en Dereito na Facultade de Dereito
Prácticas externas curriculares 2019/2020
Data | Proceso |
---|---|
Setembro de 2019 | Nomeamento de titores académicos |
4 de decembro de 2019 | Publicación da oferta de prácticas |
Do 4 ao 18 de novembro de 2019 | Solicitude do estudantado (Anexo I) |
Do 30 de decembro de 2019 ao 15 de xaneiro de 2020 | Adxudicación provisoria de prácticas |
15 de xaneiro de 2020 | Adxudicación definitiva de prácticas e comunicación de datos a empresas e institucións |
Do 28 de xaneiro ao 22 de maio de 2020 | Formalización da práctica (Anexo II) |
22 de maio de 2020 | Data límite de remate da práctica |
* No Anexo III para o Grao en Dereito, no apartado 2 “Avaliación do desempeño do alumno”, o titor externo valorará os diferentes aspectos conforme ao esquema do artigo 13 do Real Decreto 592/2014.
Entidade (prazas) | Persoal titor |
---|---|
Colexio Notarial de Galicia (1) |
|
Confederación Hidrográfica Miño-Sil (2) |
|
Deputación Provincial de Ourense (2) |
|
Ferro Ribadulla Avogados (2) |
|
Subdelegacion do Goberno (5) |
|
Deputación Provincial de Pontevedra (3) |
|
Parlamento de Galicia (5) |
|
León Rey Abogados (3) |
|
INGADE (1) |
|
Pérez Rumbao (2) |
|
Coordinación das prácticas
Susana Álvarez González
+34 988 368 847
sualvago@uvigo.es
Virxilio Rodríguez Vázquez
+34 988 368 842
virxilio@uvigo.es