Facultade de Dereito

Política e Obxectivos de Calidade


A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para acadar a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e ou seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

Para iso existe o compromiso en empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e directrices fixados. Así se establecen as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do Centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia daqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e do estudantado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos a ela vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Conseguir un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.

Procesos Obxectivos Indicadores Meta curso 2017/2018
Grao Dereito PCEO ADE Dereito 1 Máster Avogacía
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do estudantado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico cubrir o número de prazas
Ocupación da titulación ≥ 100% ≥ 100% ≥ 66%
Preferencia ≥ 100%
Adecuación ≥ 70%
Nota mínima de acceso ás titulacións ≥ 5.5 ≥ 7 ≥ 5.5
DO
DO-0201 P1
Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación. Grao de satisfacción das persoas tituladas coa planificación e desenvolvemento do ensino ≥ 3/5
Grao de satisfacción do profesorado coa planificación e desenvolvemento do ensino ≥ 3.5/5
Grao de satisfacción do estudantado coa planificación e desenvolvemento do ensino ≥ 3/5 ≥ 3/5 ≥ 3.5/5
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudos ≤ 5/4 ≤ 6/5 ≤ 2/2
Taxa de rendemento ≥ 65% ≥ 70% ≥ 90%
Taxa de abandono ≤ 15% ≤ 10% ≤ 10%
Taxa de eficiencia ≥ 90%
Taxa de gradación ≥ 50% ≥ 60% ≥ 90%
Taxa de éxito ≥ 80% ≥ 80% ≥ 90%
Taxa de avaliación ≥ 80% ≥ 85% ≥ 90%
DO
DO-0101 P1
DO-0102 P1
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións Obter informes de seguimento positivos
Acreditación das titulacións Renovar a acreditación das titulacións do centro
PE
PE-01 P1
PE-02 P1
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI ≥ 25 Drs. ≥ 20 Drs. ≥ 15 Drs.
Resultados de investigación (sexenios) ≥ 50 sx ≥ 40 sx ≥ 30 sx
% de PAS en programas de formación ≥ 75%
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas ≥ 3/5
Grao de satisfacción das empresas empregadoras ≥ 3/5
Grao de satisfacción do profesorado ≥ 3.5/5
Grao de satisfacción do estudantado ≥ 3/5 ≥ 3/5 ≥ 3.5/5
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade Renovar a certificación do SGIC

1 As metas para o PCEO ADE-Dereito apreciaranse en función de que existan e se proporcionen ao centro, pola Área de Calidade da Uvigo, datos discriminados respecto do Grao en Dereito. Nos casos en que tales datos non se proporcionen, aplicaranse ao PCEO ADE-Dereito as mesmas metas que ao Grao en Dereito, na medida en que corresponda facelo.



Política e obxectivos de calidade (2017/2018)


Evolución do documento

A Política e Obxectivos de calidade da Facultade de Dereito foron aprobados orixinariamente o 5 de marzo de 2010 pola Comisión Permanente e revisados polo equipo decanal o día 27 de abril de 2011. O 6 de marzo de 2015, no marco do novo Manual de Calidade da Facultade de Dereito, a Xunta de Facultade do centro aprobou a nova política e obxectivos de calidade, tras a súa validación o 2 de marzo pola Comisión de Calidade. O 21 de decembro de 2016 a Xunta aprobou a actualización do Anexo 4 do Manual, con algunhas modificacións nos obxectivos de calidade, previamente validadas o 20 de decembro pola Comisión de Calidade. O 9 de xullo de 2018, e previa validación o 6 de xullo pola Comisión de calidade, a Xunta de Facultade aprobou unha revisión meramente formal do documento, para adaptalo aos procedementos de calidade actualizados previamente, sen que dita actualización formal comportase modificación algunha substancial nos obxectivos, nos indicadores ou nas metas.