Facultade de Fisioterapia

Deseño e implantación do SGIC

Certificación do deseño


No marco do Programa FIDES-AUDIT ("Programa FIDES. Establecemento do Sistema de Garantía de Calidade de Títulos Universitarios" e "Programa AUDIT. Guía para o deseño de Sistemas de Garantía Interna de Calidade da formación universitaria") promovido por ANECA, AQU-Catalunya e ACSUG, e que dende o ano 2007 guiaba aos centros na súa labor de integración de todas as actividades relacionadas coa garantía de calidade das ensinanzas, a Facultade de Dereito, en colaboración coa Área de apoio á Docencia e Calidade da Universidade de Vigo deseñou e aprobou o seu SGIC. A Facultade de Dereito acadou a Certificación FIDES-AUDIT por parte da ACSUG con data de 26 de abril de 2010.

Certificado do deseño Sistema de Garantía Interna de Calidade

Obxectivos


O SGIC conforma un elemento esencial na política e nas actividades formativas da Facultade de Dereito, polo que ésta define de antemán os obxectivos que pretende acadar coa súa implantación e que se resumen nos seguintes:

  • Responder ao compromiso de satisfacción das necesidades e expectativas xeradas pola sociedade en torno á Facultade de Dereito e ás súas actividades formativas.
  • Ofrecer a transparencia esixida no marco do EEES.
  • Incorporar estratexias de mellora continua.
  • Ordenar as súas iniciativas docentes dun modo sistemático para que contribúan de xeito eficaz á garantía da calidade.
  • Facilitar o proceso de acreditación das titulacións implantadas na Facultade.

Funcionamento


  1. Deseño, aprobación e implantación de procedementos ordenadores das actividades desenvolvidas no centro.
  2. Rexistros de evidencias, como proba do funcionamento e eficacia do sistema.
  3. Análise sistemática dos resultados.
  4. Toma de decisións precisas para a súa mellora e para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese.

Instruméntase a través dunha aplicación informática de acceso restrinxido ás persoas da Facultade de Dereito con competencias na xestión da calidade.

Guía para o deseño dos SGC


O primeiro obxectivo do Programa FIDES-AUDIT foi orientar aos centros do Sistema Universitario de Galicia (SUG) no proceso de elaboración dos seus SGC e avaliar o seu deseño. No ano 2013 o Programa FIDES-AUDIT entra nunha nova fase coa publicación da Guía de Certificación da implantación dos SGC, que destaca a certificación como novo obxectivo para os centros do SUG. Froito da revisión dos Criterios e Directrices Europeos para a Calidade na Educación Superior aprobada pola conferencia de Ministros de Educación en maio de 2015 e da experiencia de ACSUG, esta presenta na Guía para o deseño dos Sistemas de Garantía de Calidade a modificación das Directrices do programa FIDES-AUDIT.