Facultade de Fisioterapia

SGIC

O Sistema de Garantía Interna de Calidade do centro constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da Facultade de Dereito e das súas titulacións oficiais. Neste sentido, hai que sinalar que o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa. O Real Decreto 420/2015, de 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios determina, pola súa banda, que, para obter a acreditación institucional, os centros universitarios deberon obter a certificación da implantación do seu SGC e ter renovado a acreditación inicial de acordo ao procedemento xeral de, polo menos, a metade dos títulos oficiais de grao e mestrado que se imparte no centro. Non obstante, no caso de que un título, ou máis, se imparta en varios centros da mesma universidade -como sucede co Grao en Dereito e o Mestrado universitario en Avogacía-, non se poderá solicitar a acreditación dos centros implicados ata que se renove a acreditación do título ou títulos en cuestión.

A documentación do SGC debe estar composta, polo menos, por manual, política e obxectivos de calidade, procedementos, resultados e indicadores, plans de mellora, responsables do SGC e dos procedementos e sistema de xestión documental.

Deseño e implantación do SGIC

Que significa SGIC?

Sistema de Garantía Interno de Calidade.

Cando se implantou na Facultade de Dereito?

O día 26 de abril de 2010.

Que políticas e obxectivos se pretenden desenvolver co SGIC?

  • Responder ao compromiso de satisfacción das necesidades e expectativas xeradas pola sociedade en torno á Facultade.
  • Ofrecer a transparencia esixida no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Incorporar estratexias de mellora continua.
  • Ordenar as súas iniciativas docentes dun modo sistemático.
  • Facilitar o proceso de acreditación das titulacións implantadas na Facultade.

Quen desenvolve o SGIC?

Decano, Vicedecana de Planificación e Calidade e Equipo decanal, coordinadores de títulos, Comisión de Calidade, persoal de administración e servizos.

Para que un Sistema de Garantía Interno de Calidade?

Para que a nosa Facultade sexa un lugar cada vez mellor para estudar e traballar.

O proceso de avaliación para a certificación da implantación do SGIC – Auditoría Externa

En que consiste?

  • Na revisión documental e análisis de evidencias da implantación do SGIC e na visita ao centro e as súas instalacións dunha comisioìn de expertos nomeada pola Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
  • En entrevistas desta comisioìn de expertos co equipo directivo, coa comisión de calidade e con outras audiencias que estime oportuno -alumnos, persoal docente e investigador e persoal de administracioìn e servizos do centro-.

Cando se obtivo a certificación da implantación do SGIC da Facultade de Dereito?

A Facultade someteuse voluntariamente ao proceso de avaliación no curso 2013/2014 e obtivo a certificación no curso 2014/2015, tras a concesión polo equipo auditor dun prazo de seis meses para avaliar o grao de execución do plan de accións de mellora proposto ao primeiro informe provisional. O proceso remaou cun relevante informe do equipo auditor no que, de forma pouco usual, se destacaron dez fortalezas, vinte e oito conformidades e só catro non conformidades menores e catro oportunidades para a mellora -tres delas substancialmente reiterativas das non conformidades-. A certificación e o informe converten á Facultade de Dereito nestes momentos nun dos centros máis destacados na xestión da calidade no Sistema Universitario de Galicia.

Para que o proceso de avaliación da certificacioìn da implantación do SGIC?

  • Para evidenciar que o centro dispón e utiliza mecanismos que facilitan tanto a mellora da calidade das súas titulacións coma os procesos de avaliación externa que realiza a ACSUG (ciclo de mellora continua).
  • Obter un distintivo de calidade que demostre ante terceiros que a Facultade se implica na xestión da calidade e na publicación dos seus resultados.
  • Conseguir, unha vez acreditadas as súas titulacións, a acreditación institucional do centro.
  • E facilitar a verificación, a modificación e a renovación da acreditación dos títulos que se impartan na Facultade.

Que obxectivos persegue o proceso de avaliación?

  • Determinar que o SGC implantado no centro cumpre as directrices do Programa FIDES-AUDIT así como as directrices establecidas pola propia institución universitaria no seu SGC.
  • Facilitar ao centro orientacións sobre o SGC implantado co fin de mellorar a súa eficacia.
  • E verificar que o SGC do centro é un proceso sistemático e estructurado que contempla os catro elementos do ciclo de mellora continua: planificar, desenvolver, analizar e actuar.