Facultade de Fisioterapia

Seguimento de Títulos

Segundo o Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro de 2007, que aproba a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, unha vez verificados, os títulos serán sometidos a un proceso de seguimento ata o momento da renovación da súa acreditación. A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia será a encargada de sistematizar o protocolo para o seu seguimento, atendendo ao disposto no artigo 27 do RD 1393/2007, modificado polo RD 861/2010, do 2 de xullo. O 29 de xuño de 2010, a "Comisión Universitaria Reguladora del Seguimento y la Acreditación" (CURSA) aproba o "Protocolo para el seguimento y la renovación de la acreditación de los títulos universitarios oficiales" co obxectivo de converterse na base común das guías e ferramentas elaboradas polos órganos de avaliación das diferentes comunidades autónomas. Segundo o establecido no dito protocolo, ACSUG elaborou a Guía para o seguimento dos títulos oficiais de grao e máster xullo 2015. O proceso de seguimento deseñado por ACSUG adáptase á normativa legal vixente, e considera ademais que ter deseñado e implantado nos centros un SGC é un factor estratéxico básico para conseguir unha mellora continua dos títulos oficiais e para que as competencias, habilidades e aptitudes dos egresados sexan coñecidas polos empregadores e pola sociedade en xeral. A continuación recóllese a información máis relevante sobre o seguimento das titulacións que se imparten no centro.


TÍTULOS