Facultade de Fisioterapia

Benvida

Tanto se eres xa parte do noso alumnado ou do profesorado da Facultade como se estás pensando en estudar nela ou en visitala para actividades de investigación, aquí podes atopar toda a información relacionada co noso centro: áreas de coñecemento e persoal docente e investigador; os estudos de grao e posgrao que se ofrecen, cos seus horarios de clases e exames; diversos cursos de formación e outras actividades de interese que se desenvolven ao longo do curso académico, etc.

Anímate a coñecernos se non o tes feito xa e, en todo caso, grazas por navegares ata aquí.

Nas seguintes ligazóns atoparás máis información:

Estudos de Grao en Dereito: Estrutura en mencións
Curso Cero: Introdución aos estudos de Dereito 2016-2017

Aula

10 razóns para estudar Dereito


5 razóns para estudar Dereito

  1. Porque ningún outro título universitario che ofrece tan variadas e boas saídas profesionais.
  2. Porque te converterás nun/nunha profesional versátil e polivalente.
  3. Porque a titulación che permitirá coñecer mellor o mundo no que vives.
  4. Porque aprenderás a realizar trámites legais e a defender os teus dereitos e os dos/das demais.
  5. Porque cos teus coñecementos contribuirás a construír unha sociedade máis xusta.

10 razóns

5 razóns para facelo no Campus de Ourense

  1. Porque aprenderás con profesores/as altamente cualificados, traballando en pequenos grupos, con atención personalizada, co apoio dunha excelente biblioteca e de novas tecnoloxías (aulas con conexión wifi, préstamo gratuíto de ordenadores portátiles etc.) e nunha facultade co seu sistema de garantía da calidade certificado.
  2. Porque atoparás unha variada oferta académica, que inclúe estudar dous graos (Dereito e ADE) en cinco anos e incorporar no título oficial de graduado/a unha destas dúas mencións: Dereito xudicial ou Unión Europea e desenvolvemento sostible (únicas no sistema universitario de Galicia).
  3. Porque estudarás nun campus urbano, cómodo, moderno e perfectamente integrado na cidade, que che ofrece excelentes oportunidades para compaxinar o estudo con deporte, cultura, lecer etc.
  4. Porque poderás realizar prácticas en institucións e despachos, recibir a formación e atención que necesitas e formar parte dunha comunidade universitaria sumamente activa e que conta coa colaboración das institucións para organizar múltiples actividades, como simulacións de xuízos.
  5. Porque ao redor do 80 % dos nosos titulados/as traballan en postos directamente relacionados coa súa formación académica (unha das porcentaxes máis elevadas da universidade).

Saídas profesionais para graduadas/os en Dereito


A. Profesións liberais 1

  • Avogadas/os.
  • Procuradoras/es.

B. Emprego privado 2

Emprego nas áreas xurídica, laboral e de recursos humanos, en seguros, mutuas, cooperativas, banca e entidades de crédito, en consultorías, en ONG e entidades de cooperación ao desenvolvemento etc.

10 razóns

  • Postos de traballo cualificados en empresas ou traballos autónomos para os que resulte necesaria formación xurídica; por ex. xestoras/es administrativos titulados.
  • Outros postos de traballo para os que non necesita necesariamente, pero si útil ou conveniente a formación xurídica.
  • Saídas profesionais adicionais para graduadas/os en Dereito/ADE:
    • Postos de responsabilidade en empresas privadas (áreas de internacional, loxística e vendas, produción, recursos humanos, mercadotecnia, trade marketing, administración, contabilidade etc.)
    • Auditoría de contas e consultoría
    • Finanzas, banca e servizos financeiros
    • Técnico/a en organización de empresas e creación da propia empresa
    • Axente de desenvolvemento local

C. Emprego público 3

  • Na Unión Europea e outros organismos internacionais
  • No Estado: Xuíces, fiscais, letradas/os da Administración de Xustiza, notarias/os, rexistradoras/es da propiedade ou mercantil avogadas/os do Estado, letradas/os do Consello de Estado, letradas/os das Cortes Xerais, letradas/os da Seguridade Social, inspectoras/es de Traballo, inspectoras/es de Facenda, técnico/a superior da Administración etc.
  • Nas comunidades autónomas: Letradas/os de parlamentos autonómicos, servizos xurídicos de gobernos autonómicos, técnico/a superior da Administración etc.
  • Nas administracións locais: Secretarias/os ou interventoras/es da Administración local, letradas/os ou asesoras/es xurídicos, técnico/a superior da Administración etc.
  • Outros: Diplomáticas/os, servizos xurídicos doutros entes públicos (por ex. universidades, corpo xurídico militar etc.), profesoras/es de universidade etc.

1 O acceso a estas profesións supedítase ao cumprimento de determinados requisitos legais como, por exemplo, realizar un mestrado oficial tras o grao ou superar unha proba de habilitación de carácter nacional.

2 O método de selección depende da empresa, o máis frecuente é a valoración do currículo e unha entrevista persoal.

3 O acceso esixe superar un procedemento de selección competitivo que demostre o mérito e a capacidade de cada aspirante; os procedementos poden ser unha oposición (integrada por unha ou varias probas sucesivas e eliminatorias nas que os/as aspirantes deben demostrar os seus coñecementos e capacidade), concurso (valoración de méritos previamente adquiridos polos/as aspirantes) ou concurso oposición.