Facultade de Fisioterapia

Alumnado estranxeiro

Información para o alumnado estranxeiro de intercambio


O alumnado estranxeiro que desexe vir á Facultade de Dereito para realizar parte dos seus estudos, preparar un proxecto ou redactar unha tese, pode beneficiarse de diferentes programas especialmente deseñados para dar resposta ás súas necesidades.

Toda a información está dispoñible na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.


Homologación, equivalencia ou convalidación de títulos estranxeiros


De acordo coa Guía sobre los procedimientos de homologación y equivalencia regulados polo Real Decreto 967/2014, se a persoa interesada posúe un ou máis títulos estranxeiros de nivel universitario que lle dan acceso ao exercicio dunha profesión regulada no país de expedición análoga ás de Avogado ou Procurador dos Tribunais, dependendo dos intereses da persoa solicitante, ten dúas opcións para validar os seus títulos en España:


Se a persoa interesada non desexa exercer profesión regulada en España

Se a persoa interesada non desexa exercer a súa profesión en España pode optar pola solicitude de EQUIVALENCIA de título.

Máis información na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.


Se a persoa interesada desexa exercer profesión regulada en España

Se a persoa interesada desexa exercer a súa profesión en España, ao resultar esixible a superación dun Mestrado habilitante ao que se accede a través dun título concreto de Grao, resulta de aplicación o párragrafo segundo do artigo 6.1 do RD 967/2014:

En los supuestos en que el acceso a la profesión regulada requiera estar en posesión de un título español oficial concreto de Máster, que a su vez tenga como requisito de acceso a la formación estar en posesión de un título español oficial concreto de Grado o de algún título de Grado, de no acreditarse su posesión, la homologación a dicho Máster requerirá, en el primer supuesto, la previa acreditación de la posesión del Grado exigido y, en el segundo caso, la declaración de equivalencia a titulación en el área y campo en la que se encuadre el título exigido para la admisión al Máster

Polo tanto, deberá seguir os seguintes trámites:

  1. Convalidación a GRAO en Dereito nunha universidade española + completar, no seu caso, o programa de GRAO na universidade.
    Solicitar CONVALIDACIÓN nunha universidade española das materias superadas no programa de orixe e posteriormente, no seu caso, completar os estudos do programa español de GRAO en Dereito correspondente, sendo de aplicación o disposto nos artigos 17 e 18 do RD 967/2014:
    Artículo 17. Competencia y criterios de convalidación. La convalidación de estudios extranjeros por estudios universitarios españoles parciales corresponde a la Universidad española a la que el interesado haya solicitado dicha convalidación para proseguir sus estudios, de acuerdo con los criterios que fije el Consejo de Universidades.
    Artículo 18. Estudios extranjeros objeto de convalidación. “[…] 2. Cuando los estudios hayan concluido con la obtención de un título extranjero que dé acceso a una profesión regulada, el interesado podrá optar entre solicitar la homologación por el título universitario oficial español correspondiente o la convalidación de estudios, teniendo en cuenta que ambas posibilidades no pueden solicitarse simultáneamente.
    Cuando se haya solicitado la homologación del título y ésta haya sido denegada, el interesado podrá solicitar la convalidación parcial de sus estudios, siempre que la denegación no se haya fundado en alguna de las causas recogidas en el artículo 3.2.


    No caso de optar pola validación na Universidade de Vigo:

    Máis información no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:
  2. Homologación a MESTRADO habilitante ou superar o programa de MESTRADO habilitante nunha universidade española.
    Unha vez obtido o título de GRAO en Dereito nunha universidade española, a persoa interesada pode solicitar a HOMOLOGACIÓN ao título de MESTRADO español que habilite para a profesión regulada correspondente, ou CURSAR o programa de estudos do MESTRADO UNIVERSITARIO habilitante en España para o exercicio de dita profesión regulada.

    Máis información no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

A superación dos requisitos formativos complementarios ou da proba de conxunto, recollidos nas resolucións dictadas nos expedientes tramitados conforme ás normas do Real Decreto 285/2004 deberá realizarse no prazo de catro anos computados a partir do día seguinte ao da notificación das resolucións.

Polo que respecta aos expedientes tramitados e resoltos conforme ás previsións do Real Decreto 86/1987, de 16 de xaneiro, a superación da proba de conxunto deberá efectuarse antes do prazo previsto no párragrafo a) da disposición transitoria segunda do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro.

Ata a finalización dos prazos anteriores, as universidades deberán adaptar os requisitos formativos esixidos na resolución ás materias impartidas pola universidade, con independencia de que o plan de estudos do título español ao que se pretende homologar o título estranxeiro deixara de impartirse pola universidade.


Superados esos prazos poderá optarse por iniciar un procedemento de convalidación parcial de materias ante a universidade de elección pola persoa interesada.


Nacionais da UE e do EEE cun título profesional de avogado ou procurador que proveña da UE ou do EEE


Norma Comunitaria: Directiva 77/249/CEE
Norma Española: Real Decreto 607/1986, de 21 de marzo.

Posibilidade de obter un carné que acredita a condición de Avogado europeo, ao amparo do establecido na Directiva.

Exercicio da profesión en España co seu título profesional de orixe como “avogado inscrito” e solicitude de plena integración na profesión a través da colexiación, previa acreditación dunha actividade efectiva e regular en España durante polo menos tres anos, sen necesidade de recoñecemento do título mediante o sistema xeral de recoñecemento de títulos

Norma Comunitaria: Directiva 98/5/CE
Norma Española: Real Decreto 936/2001, de 3 de agosto

O avogado migrante, para poder exercer en España co seu título de orixe, debe formalizar a súa inscrición no Colexio de Avogados que corresponda. A inscrición permitiralle prestar asesoramento xurídico en Dereito do respectivo Estado membro, Dereito da UE, Dereito Internacional e Dereito español, pero para realizar actividades de defensa do cliente ante Xulgados e Tribunais, asistir a detidos e presos, etc. deberá actuar concertadamente cun avogado español.

Para integrarse con plenitude de dereitos na profesión sen necesidade de recoñecemento do título mediante o sistema xeral de recoñecemento de títulos, requirese ter formalizado a inscrición no Colexio correspondente e acreditar o exercicio efectivo e regular da actividade profesional propia da avogacía en España cunha duración mínima de tres anos, sen máis interrupcións que as que resulten de acontecementos da vida cotiá.


Exercicio unha vez recoñecido o título mediante o sistema xeral de recoñecemento de títulos de ensinanza superior

Norma Comunitaria: Directiva 2005/36/CE
Norma Española: Real Decreto 1837/2008, de 8 de novembro e Orde PRE/421/2013, de 15 de marzo, que o desenvolve

Exercicio da profesión en España previo recoñecemento do título profesional de avogado ou procurador expedido por algún país da UE ou do EEE. Ese recoñecemento permite a súa colexiación e o exercicio profesional en igualdade de condicións que os españois.

Esta modalidade esixe que o avogado supere unha proba de aptitude sobre materias de dereito positivo español e deontoloxía profesional, convocada anualmente polo Ministerio de Xustiza.