Alumnado de Dereito achégase á mediación familiar como unha alternativa eficaz á resolución de conflitos

Por motivos propios, como a súa eficacia, ou por motivos externos, como a saturación do sistema xudicial, a mediación preséntase cada vez máis como unha alternativa para a abordaxe e solución de conflitos familiares. Co obxectivo de que o seu alumnado e as persoas interesadas puidesen afondar na aplicación destes procedementos, a Facultade de Dereito do campus de Ourense organizou este martes un obradoiro de mediación familiar impartido a través do Campus Remoto da UVigo por Mercedes Llorente, profesora titular de Dereito Procesual da Universidad de Sevilla.

A sesión, explicou na súa presentación Inés C. Iglesias Canle, catedrática de Dereito Procesual da UVigo, contou con financiamento do Consello Social da Universidade de Vigo e xurdiu co obxectivo de ofrecer principalmente ao alumnado unha formación de carácter práctico complementaria aos coñecementos tratados nas materias do Grao en Dereito en relación á mediación familiar. Sobre esta temática, Inés C. Iglesias Canle salientou a súa importancia nun momento no que á tradicional “lentitude da administración de xustiza” se lle suman as consecuencias derivadas da pandemia

Ler a noticia completa no DUVI