Facultade de Dereito

Menores con dereitos pero tamén con responsabilidades

O campus acolleu este xoves unha xornada sobre o seu tratamento penal

 

O pasado mes de decembro, a Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha unha iniciativa que baixo o nome de Caso Acoso tiña como obxectivo loitar contra o acoso escolar. Para acadalo, estudantes hoxe universitarios volveron ás aulas de Educación Secundaria Obrigatoria de centros da cidade para contribuír a que o alumnado fose consciente do que supón esta forma de violencia e das súas consecuencias, contando co testemuño en primeira persoa de estudantes que viviron durante a súa etapa na ESO situacións deste tipo. Este xoves a iniciativa culminou a súa programación deste curso coa celebración dunha xornada sobre a responsabilidade penal do menor.

menores con dereitos e responsabilidades
Ler máis...

Maria Victoria Alvarez Buján acada o I Premio Manuel Olivencia cun traballo sobre a proba de ADN no proceso penal

A investigadora predoutoral da Facultade de Dereito está realizando a tese sobre este tema

 

María Vitoria Álvarez Buján, investigadora predoutoral de Dereito Procesual da Facultade de Dereito do campus de Ourense, vén de gañar a I Edición do Premio Manuel Olivencia, convocado polo Colexio de Avogados de Ceuta. O galardón foille concedido por un traballo xurídico monográfico titulado A proba de ADN no proceso penal: as súas reviravoltas desde a óptica do exercicio da avogacía. O estudo forma parte da investigación que desenvolve no marco da súa tese de doutoramento arredor da proba de ADN baixo a dirección da profesora Inés Iglesias Canle.

Maria Victoria Alvarez Buján
Ler máis...

Luis Rodríguez Ennes recibe o título de doutor honoris causa na Universidad Nacional del Comahue

O catedrático emérito ofreceu unha lección maxistral sobre a visión da xustiza na obra de Cervantes

 

Como “o broche dourado dun ciclo vital”. Así viviu este xoves en Arxentina Luis Rodríguez Ennes, catedrático emérito da Universidade de Vigo, a súa investidura como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue. O docente salientou como recibir esta distinión na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais desa institución académica, “donde tantas veces teño sido visitante e donde me atopo como na miña propia casa”, constitúe “o máis memorable evento público da miña larga traxectoria vital”. No acto de investidura Rodríguez Ennes ofreceu unha lección maxistral na que falou sobre a visión da xustiza no escritor Miguel de Cervantes.

Luis Rodriguez Ennes
Ler máis...

Buscando solucións á inseguridade xurídica no eido do urbanismo

A Facultade de Dereito acolleu unha xornada centrada neste tema

 

Este martes a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu a xornada O novo réxime xurídico do urbanismo en Galicia. A cita reuniu a docentes universitarios, profesionais vinculados a esta área e público interesado co obxectivo de analizar a nova regulación urbanística, protagonizada por unha Lei do Solo de Galicia, de 2016, que veu a substituír recentemente a anterior Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, de 2002. Nun contexto de preocupación social arredor desta cuestión, José Agustín González-Ares, director das xornadas e docente da Universidade de Vigo, recalcou a importancia da seguridade xurídica no eido urbanístico pois, afirmou, “o urbanismo é calidade de vida”.

Ler máis...

O I Congreso Euroamericano de Dereito e Política propón unha abordaxe crítica do estado de benestar

Ourense acolle esta cita organizada desde as universidades de Vigo e Fluminense de Río de Janeiro

 

Ser un foro de discusión e intercambio de experiencias das realidades trasatlánticas sobre temas de influencia directa nas áreas socioeconómicas e políticas dos dous continentes. Con este obxectivo, o campus de Ourense acolle deste este martes e ata o xoves a primeira edición do Congreso Euroamericano de Dereito e Política. A cita, organizada pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e o Programa de Pós-Graduação em Justiça Administrativa da Universidade Federal Fluminense de Río de Janeiro, de Brasil, reúne a un centenar de investigadores e docentes dun e doutro lado do Atlántico coa idea de realizar unha análise crítica sobre as grandes problemáticas que afrontan os estados e o dereito na actualidade. Entre os temas postos sobre a mesa están a crise do modelo de benestar, o impacto da globalización ou o afastamento da cidadanía das súas institucións.

Ler máis...