Facultade de Dereito

Un libro e 23 especialistas para evidenciar a desigualdade de xénero no estado contemporáneo

Este luns presentouse 'Mujer, Política e Igualdad. De las palabras a los hechos'

Plasmar como a igualdade formal entre homes e mulleres non se traduce nunha igualdade real entre homes e mulleres para avanzar na súa consecución.

Con este reto, este luns presentouse na Facultade de Dereito do campus de Ourense o libro electrónico Mujer, Política e Igualdad. De las palabras a los hechos.

Nel recóllense as actas das XII Xornadas Sociedade e Dereito, celebradas neste mesmo centro do 28 de marzo ao 5 de abril de 2016 coa participación de 23 especialistas do ámbito político, social, cultural e académico.

presentación do libro
Ler máis...

Un achegamento desde o dereito a “un feito inédito pero anunciado” chamado Brexit

No marco do Curso de Actualización Xurídica 2017-2018

O pasado mes de novembro a Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha un Curso de Actualización Xurídica 2017-2018 que ten como obxectivo afondar en temas transversais de actualidade para os profesionais ou futuros profesionais do dereito.

No marco desta iniciativa este martes o centro acolleu a conferencia A retirada da UE: o Brexit, que foi ofrecida por José Manuel Sobrino, catedrático de Dereito Internacional Público da Universidade da Coruña. O xurista abordou en profundidade “un feito inédito pero anunciado” como é o proceso de retirada do Reino Unido da Unión Europea.

conferencia A retirada da UE: o Brexit
Ler máis...

Convenio para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais

No BOE do 2 de novembro de 2017 pode consultarse a Resolución de 19 de outubro de 2017, da Secretaría de Estado de Xustiza, pola que se publica o Convenio de colaboración entre o Consejo General del Poder Judicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais.

Ler máis...

O Campus da Auga premia a investigación arredor deste recurso que se realiza en Ourense

Este mércores entregáronse no Teatro Principal os galardóns deste proxecto de especialización

Este mércores o Teatro Principal de Ourense acolleu a celebración da gala de entrega dos I Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga.

Ante autoridades e membros da comunidade universitaria, dez investigadores e investigadoras subiron ao escenario para recoller uns galardóns que naceron co obxectivo de potenciar e visibilizar o traballo que se realiza na Universidade de Vigo en temas relacionados co motor estratéxico de especialización do campus de Ourense.

premios do Campus da Auga
Ler máis...

A primeira edición dos premios do Campus da Auga distingue sete traballos e tres iniciativas

Presentáronse un total de 31 candidaturas aos galardóns

Sete traballos de investigación e tres iniciativas de diferente índole veñen de ser distinguidos na primeira edición dos Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e Divulgación Científica do Campus da Auga. Este mércores fíxose pública a resolución pola que se conceden uns galardóns que teñen como obxectivo visibilizar e fomentar o traballo da comunidade universitaria en temas relacionados co motor estratéxico de especialización do campus de Ourense. Entre os galardoados están unha tese sobre sensores fotónicos para monitorización remota de ecosistemas e un traballo fin de grao sobre valorización de augas mineromedicinais para a elaboración de cremas solares con extracto de pebida de bagazo.

certame Arquimedes
Ler máis...