Facultade de Dereito

A investigadora Laura Movilla fala nas Nacións Unidas sobre dereitos humanos e natureza

A cita tivo lugar na sede da entidade en Nova York

A profesora e investigadora da Universidade de Vigo Laura Movilla vén de intervir como relatora convidada experta en dereito internacional da auga e medio ambiente no Eighth Interactive Dialogue of the General Assembly on Harmony with Nature, que celebra todos os anos desde 2009 as Nacións Unidas co gallo da conmemoración o 22 de abril do Día da Terra. A cita celebrouse na tarde deste luns, 23 de abril, no Comité Económico e Social das Nacións Unidas, na súa sede en Nova York. Durante a sesión, Laura Movilla falou sobre a interdependencia entre os dereitos humanos e os da natureza, abordando cuestións de xustiza social.

Laura Movilla nas Nacións Unidas
Ler máis...

Detrás do capitalismo global actual, os piares económicos e xurídicos do Imperio Romano

O profesor Guillermo Suárez analiza na súa última publicación esta cuestión

“Unha análise multidisciplinar dos alicerces económicos e xurídicos romanos universais que contribuíron á formación do noso capitalismo global”.

Con este obxectivo preséntase a publicación Los Pilares Económicos y Jurídicos Romanos del Capitalismo Global, de Guillermo Suárez, profesor titular de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Contemporáneos da Facultade de Dereito do campus de Ourense. A obra, sinala o seu autor, afonda en como “na civilización romana xa existía un capitalismo global” froito da súa organización empresarial, económica e xurídica global.

os piares económicos e xurídicos do Imperio Romano
Ler máis...

Saída de Campo. Visita aos centros penitenciario e de menores de Ourense

Na tarde de onte, 10 de abril, 34 alumnos do cuarto curso do Grao en Dereito, da Facultade de Dereito, acompañados polos Profesores D. Manuel Arias Carral e D. José Arcos Alvarez (da Área de Dereito Penal) visitaron o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e o Centro de reforma de Menores Montealegre. Durante a visita guiada por responsables dos Centros tiveron a oportunidade de coñecer o seu funcionamento, as distintas dependencias, incluso puideron intercambiar impresións con varios internos da Prisión de Pereiro.

Esta visita enmárcase dentro dos contidos das materias que están cursando este ano: Criminoloxía e Dereito Penitenciario e Dereito Penal e Procesual de Menores, e teñen como obxectivo que os alumnos contrasten os coñecementos teóricos coa súa aplicación na práctica.

Resaltaron os alumnos a gran experiencia que lles supuxo a visita, facilitando de forma extraordinaria a interiorización dos coñecementos das materias cursadas.

O Profesor Manuel Arias, agradeceu aos responsables e persoal dos Centros as facilidades para a visita e as explicacións pormenorizadas do seu funcionamento.

Visita ao centro penitenciario 2018

Unha ollada desde o dereito ás novidades na xestión dos recursos hídricos

Un proxecto de investigación afondou na actualidade xurídica neste eido

Un dos elementos sobre os que se fixo fincapé desde a posta en marcha do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga é no seu carácter transversal. Deste xeito, o seu obxectivo é “empapar” todas as áreas de traballo dos diferentes centros universitarios, non só os do eido científico. Nesta liña de traballo, investigadoras e investigadores da Facultade de Dereito veñen desenvolvendo diversas iniciativas que teñen nos recursos hídricos o seu foco de atención. Entre elas, a profesora Susana Álvarez vén de liderar un proxecto que tivo como obxectivo afondar nas últimas novidades xurídicas estatais neste eido.

xestión dos recursos hídricos
Ler máis...

Alumnado de Dereito completa a súa formación na Subdelegación do Goberno en Ourense

Catro estudantes realizarán prácticas durante dous meses nesta institución

Catro estudantes de último curso da Facultade de Dereito do campus de Ourense realizarán durante dous meses prácticas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense.

O obxectivo desta iniciativa é completar a formación deste alumnado de cara á súa futura incorporación ao mundo laboral.

A iniciativa ealízase no marco dun convenio asinado en 2015 entre a Universidade de Vigo e a Secretaría de Estado de Administracións Públicas.

prácticas na Subdelegación do Goberno
Ler máis...