Facultade de Dereito

Un terzo de empregos verase afectado polo cambio tecnolóxico

A xurista abogou "por no caminar hacia una sociedad sin derechos", censurando o "grave problema de la temporalidad y precariedad"


A xurista María Emilia Casas, primeira e única muller que ostentou a máxima responsabilidade no Tribunal Constitucional, protagonizou onte unha nova edición do Foro A Rexión, presentada pola vicedecana da Facultade de Dereito, Francisca Fernández.

Ler máis...

O I Encontro Internacional sobre Argumentación e Conflitos de Dereitos reúne a xuristas de 12 universidades

O obxectivo é afondar no estado da investigación neste eido

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolle este xoves e venres a celebración do I Encontro Internacional sobre Argumentación e Conflitos de Dereitos. Coordinada polo profesor titular da Área de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo Pablo Raúl Bonorino, a cita conta coa participación de 20 especialistas de doce universidades españolas e estranxeiras.

Trátase, explica o seu coordinador, dun encontro de carácter científico, non pensado para o público xeral senón destinado a “compartir o estado das nosas investigacións en curso e debater e discutir resultados”.

I Encontro Internacional sobre Argumentación e Conflitos de Dereitos
Ler máis...

A mensaxe contra a pobreza de Vicente Ferrer faise oír no campus

O acto celebrouse este martes na Facultade de Dereito

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este martes a conferencia A Fundación Vicente Ferrer e a loita contra a pobreza na India, ofrecida por Lancy Dodem, portavoz do Departamento de Comunicación desta fundación.

A iniciativa é a primeira que organizan o Grupo de Investigación Medea Iuris da Universidade de Vigo e a Delegación de Alumnas e Alumnos da Facultade de Dereito no marco da colaboración asinada o pasado 25 de abril coa Fundación Vicente Ferrer e que ten como obxectivo recadar fondos para proxectos desta organización sen ánimo de lucro.

Fundación Vicente Ferrer no campus
Ler máis...

Saída de Campo. Visita ao centro penitenciario de A Lama

Alumnos de Grao en Dereito, do Plan conxunto ADE-Dereito e do Mestrado Universitario en Avogacía visitan o Centro Penal da Lama acompañados da Profesora Ángela Coello Puído.

A actividade constitúe un importante complemento práctico da súa formación xurídica.

Visita ao centro penitenciario A Lama 2018

A Delegación de Alumnos e Alumnas de Dereito e o Grupo Medea Iuris recadarán fondos para un proxecto solidario na India

Ao longo de 2018 e 2019 organizarán diferentes actividades con este obxectivo

A Delegación de Alumnos e Alumnas da Facultade de Dereito do campus de Ourense e o Grupo de Investigación Medea Iuris da Universidade de Vigo veñen de presentar este mércores a posta en marcha dunha colaboración coa Fundación Vicente Ferrer.

Ao seu abeiro e ao longo de 2018 e 2019, o alumnado deste centro organizará diferentes actividades para recadar fondos para un ou varios proxectos de loita contra a desertización e para a dotación de servizos hídricos en comunidades locais da India.

a delegación e MEDEA-IURIS
Ler máis...