Facultade de Dereito

Viaxe institucional ao Instituto de Medicina Legal de Galicia

O xoves, 18 de outubro, vinte e nove estudantes do Mestrado universitario en avogacía do campus de Ourense realizaron unha viaxe institucional á Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), con sede no hospital de Verín. Acudiron acompañados do coordinador profesional do mestrao, do secretario da comisión académica e da decana da Facultade.

O grupo foi recibido polo médico forense que dirixe a Unidade de Antropoloxía Forense do IMELGA en Verín, D. Fernando Serrulla Serch, e polo xerente da área sanitaria de Verín, D. Miguel Abad Vila.

Viaxe institucional ao Instituto de Medicina Legal de Galicia
Ler máis...

Curso de Actualización Xurídica 2018/2019

COMITÉ ORGANIZADOR:

  • Marta Fernández Prieto, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Decana da Facultade de Dereito.
  • Susana Álvarez González, Profesora Contratada Doutora de Filosofía do Dereito, Vicedecana da Facultade de Dereito.
  • Francisca Fernández Prol, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Coordinadora Académica.
Ler máis...

Alumnado de Dereito somérxese nos lindes entre a xurisdición administrativa e a penal

É a primeira actividade aberta deste curso que se celebra no centro

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este xoves a conferencia As relacións entre as xurisdicións contencioso-administrativa e penal, ofrecida por Manuel Rebollo Puig, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Córdoba. O acto estivo organizado polo centro, o Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública e o Mestrado da Avogacía.

Durante a súa intervención Rebollo abordou “os lindes” entre a xurisdicións contencioso-administrativa e a penal. Para axudar a entender os casos nos que o exercicio da separación entre o dereito penal e o administrativo non é tan “simple”, o experto iniciou a súa intervención abordando a orixe da xurisdición administrativa, que, indicou “non naceu para o que hoxe pensamos”.

Acto de graduación 2018
Ler máis...

35 novas e novos xuristas forxados na Facultade de Dereito

A sexta promoción de grao celebrou o venres o seu acto de graduación

A sexta promoción do Grao en Dereito, da Facultade de Dereito do campus de Ourense, celebrou este venres a súa graduación. 35 novas e novos egresados do centro recolleron as súas bandas e diplomas de man das autoridades académicas presentes e ante o aplauso de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria.

Durante o acto tamén se produciu o nomeamento de Silvia Barona, catedrática de Dereito Procesual da Universitat de València, como membro honorífico do claustro de profesores da facultade ourensá.

Acto de graduación 2018
Ler máis...

A proba científica en sede xudicial sométese a xuízo

Marina Gascón ofreceu unha conferencia sobre a súa valoración

Este venres a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu unha conferencia de Marina Gascón, catedrática de Filosofía do Dereito da Universidade de Castela-A Mancha, sobre A valoración da proba científica en sede xudicial.

Coa súa intervención pechouse tanto o Curso de Actualización Xurídica que este curso académico impartiu esta facultade como o I Encontro Internacional sobre Argumentación e Conflitos de Dereitos que se celebra esta semana no mesmo centro.

Peche do curso de actualización xurídica
Ler máis...