Facultade de Dereito

Receitas para unha mellor transición da escola á vida laboral

Álvaro Ferreirós afondou na súa tese na empregabilidade da mocidade

Máis protagonismo ás entidades locais e maior coordinación entre administracións; máis preocupación pola calidade do emprego; respecto ao carácter formativo dos contratos de formación e prácticas; redeseño da formación profesional atendendo ás demandas do mercado laboral e programas de detección temperá ante os primeiros síntomas de desvinculación escolar. Estas son algunhas das propostas recollidas na tese de doutoramento do xurista Álvaro Ferreirós para facilitar a transición á vida activa de mozos e mozas en España.

Receitas para unha mellor transición da escola á vida laboral
Ler máis...

A policía en España, a cabalo entre o dereito penal e o administrativo

Nunha conferencia organizada polo Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este martes a conferencia A policía en España: entre o xuíz de instrución e a administración sancionadora, ofrecida polo profesor doutor Ignacio Borrajo, letrado xefe do Servizo de Estudos, Biblioteca e Documentación do Tribunal Constitucional. Nela abordou para o alumnado presente o paradoxo de que o mundo académico e investigador do eido xurídico non preste atención a “unha institución fundamental no estado” e “fundamental para que a lei funcione” como é a policía.

A policía en España, a cabalo entre o dereito penal e o administrativo
Ler máis...

Formación sen estereotipos e corresponsabilidade, vías para mellorar a situación laboral da muller na economía dixital

Tres expertas abordaron como se trasladan á nova economía as discriminacións de xénero

Os campus de Vigo e Ourense acolleron esta semana unhas xornadas que baixo o título Muller e traballo na era dixital tiveron como obxectivo abordar os retos de xénero que supón a economía 4.0.

Tres expertas en Dereito do Traballo e da Seguridade Social puxeron o aceno nos riscos de precarización que poden significar as novas formas de traballo para a muller e como se trasladan a elas discriminacións do modelo tradicional.

Formación sen estereotipos e corresponsabilidade, vías para mellorar a situación laboral da muller na economía dixital
Ler máis...

Viaxe institucional ao Instituto de Medicina Legal de Galicia

O xoves, 18 de outubro, vinte e nove estudantes do Mestrado universitario en avogacía do campus de Ourense realizaron unha viaxe institucional á Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), con sede no hospital de Verín. Acudiron acompañados do coordinador profesional do mestrao, do secretario da comisión académica e da decana da Facultade.

O grupo foi recibido polo médico forense que dirixe a Unidade de Antropoloxía Forense do IMELGA en Verín, D. Fernando Serrulla Serch, e polo xerente da área sanitaria de Verín, D. Miguel Abad Vila.

Viaxe institucional ao Instituto de Medicina Legal de Galicia
Ler máis...

Curso de Actualización Xurídica 2018/2019

COMITÉ ORGANIZADOR:

  • Marta Fernández Prieto, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Decana da Facultade de Dereito.
  • Francisca Fernández Prol, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Vicedecana da Facultade de Dereito.
Ler máis...