Facultade de Fisioterapia

Luis Rodríguez Ennes, doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue

O catedrático emérito da Universidade de Vigo amosa a súa satisfacción polo título concedido


“Considero que é a honra máis grande na miña vida académica. O máis prezado galardón”. Con estas palabras resume Luis Rodríguez Ennes, catedrático emérito da Universidade de Vigo, a súa satisfacción polo seu nomeamento como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue, de Arxentina. O decano honorífico da Facultade de Dereito do campus de Ourense recibirá este título nun acto que terá lugar no mes de abril na sede da institución académica, na cidade de General Roca, na Patagonia.

Ler máis...

O equipo Unidos Podemos imponse na Liga de Debate da Universidade de Vigo

Debería legalizarse a poligamia entendida en sentido amplo como a posibilidade de que un suxeito se case con outros suxeitos do mesmo ou doutro sexo?

Este foi o tema elixido para a confrontación dialéctica entre os dous equipos que este xoves se enfrontaron na final da Liga de Debate da Universidade de Vigo que se celebrou na Facultade de Dereito do campus de Ourense.

O equipo Unidos Podemos, formado por dúas alumnas e un alumno de cuarto curso do grao de Dereito, impúxose coa súa defensa da legalización da poligamia.

Ler máis...

A Delegación de Alumnos de Dereito implícase na loita contra o acoso escolar

O artigo 15 da Constitución española recolle que entre os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns está que “todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral, sen que, en ningún caso, poidan ser sometidos a tortura nin penas ou tratos inhumanos ou degradantes”. Explicando este artigo, os membros da Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense comezan cada unha das sesións que están a desenvolver en centros educativos de Ourense para contribuír a loitar contra o acoso escolar. Os estudantes hoxe universitarios, pero hai poucos anos rapaces e rapazas como os que hoxe asisten ás súas charlas, volven ás aulas de Educación Secundaria Obrigatoria para contribuír a que o alumnado sexa consciente do que é o acoso e das súas consecuencias. Para acadalo, as sesións contan co testemuño en primeira persoa de estudantes universitarios que viviron durante a súa etapa na ESO situacións de acoso.

Ler máis...

Visita ao TSXG de alumnos da Facultade de Dereito

Os estudantes coñeceron o Palacio de Xustiza e a súa historia

Cincuenta alumnos da Facultade de Dereito de Ourense, acompañados polo profesor Roberto Bustillo, visitaron hoxe en A Coruña a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer o Palacio de Xustiza e a súa historia. Tras recibir información sobre a política de comunicación e transparencia do Consello Xeral do Poder Xudicial, o presidente do tribunal, Miguel Ángel Cadenas Sobreira, e o presidente da Sala do Contencioso-Administrativo, José María Gómez e Díaz-Castroverde, explicaron o funcionamento das tres salas que conforman o alto tribunal galego.

Autor: Comunicación Poder Xudicial