Facultade de Fisioterapia

A quinta promoción do grao de Dereito di adeus ás aulas

Rafael de Asís Roig foi nomeado membro honorífico do Claustro de Profesores da facultade

 

O campus de Ourense e especialmente a súa Facultade de Dereito celebrou este venres o acto de graduación da quinta promoción do grao en Dereito que se imparte nese centro. 48 novos xuristas recolleron as súas bandas e diplomas coa satisfacción de rematar con éxito unha etapa moi importante da súa vida, os estudos universitarios, e coa ilusión de comezar outra, a carreira profesional. Celebrando con eles e elas este momento tan especial para os estudantes estiveron familiares, amigos, membros da comunidade universitaria e autoridades.

Acto de graduación
Ler máis...

Unha ollada xurídica ás diferentes fórmulas de pago pola subministración municipal de auga

O estudo realizado desde a Facultade de Dereito pola profesora Mónica Siota afonda nesta cuestión

 

As entidades locais, explica Mónica Siota, profesora da Facultade de Dereito do campus de Ourense, poden custear o servizo público de abastecemento domiciliario de auga mediante o establecemento dunha taxa ou dunha tarifa. A elección dun ou outro sistema de financiamento determinará diferenzas significativas no réxime xurídico da contraprestación que pague o usuario dese servizo. Atendendo á importancia desta elección e tendo en conta o proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, a investigadora da área de Dereito Público Especial da Universidade de Vigo, vén de desenvolver un proxecto de investigación centrado nesta cuestión.

Mónica Siota
Ler máis...

Dereito impulsa o diálogo entre universidade e xustiza

Dereito impulsa o diálogo entre universidade e xustiza
Ler máis...

Os menores entran no terreo de xogo da mediación

A profesora da Facultade de Dereito desenvolve un modelo baseado na teoría da toma de decisións

 

O pasado mes de xaneiro, a profesora da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo Ángela Coello presentou o seu libro El juego de la mediación. El espacio cooperativo en la negociación asistida civil y mercantil. Nel abordaba o escenario da mediación desde a perspectiva da teoría de xogos, que estuda a toma de decisións por parte dos suxeitos implicados. Dando un paso máis no desenvolvemento deste modelo, a docente vén de presentar agora a publicación Los menores de edad en el juego de la mediación, na que afonda nestes procedementos cando os menores de idade están implicados, xa sexa como parte ou como individuos afectados polo resultado dunha mediación allea, como o divorcio dos seus proxenitores.

Ángela Coello
Ler máis...

Menores con dereitos pero tamén con responsabilidades

O campus acolleu este xoves unha xornada sobre o seu tratamento penal

 

O pasado mes de decembro, a Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha unha iniciativa que baixo o nome de Caso Acoso tiña como obxectivo loitar contra o acoso escolar. Para acadalo, estudantes hoxe universitarios volveron ás aulas de Educación Secundaria Obrigatoria de centros da cidade para contribuír a que o alumnado fose consciente do que supón esta forma de violencia e das súas consecuencias, contando co testemuño en primeira persoa de estudantes que viviron durante a súa etapa na ESO situacións deste tipo. Este xoves a iniciativa culminou a súa programación deste curso coa celebración dunha xornada sobre a responsabilidade penal do menor.

menores con dereitos e responsabilidades
Ler máis...