Facultade de Dereito

Curso de Actualización Xurídica 2018/2019

COMITÉ ORGANIZADOR:

  • Marta Fernández Prieto, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Decana da Facultade de Dereito.
  • Francisca Fernández Prol, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Vicedecana da Facultade de Dereito.

DESTINATARIOS:

  • Docentes e investigadores da Facultade de Dereito, con docencia no Grao en Dereito, no Plan Conxunto ADE-Dereito e, así mesmo, no Mestrado universitario en Avogacía.
  • Docentes e investigadores da Universidade de Vigo.
  • Alumnado e público en xeral.

OBXECTIVOS:

  • Formación multidisciplinar dos docentes e investigadores da Facultade de Dereito.
  • Actualización en temáticas xurídicas alleas ás especialidades de cada docente, pero, a miúdo, necesarias para a aproximación e análise de cuestións complexas.
  • Intercambio de información relativa a institucións ou réximes xurídicos polémicos, novidosos ou de actualidade.
  • Conformación de foros de debate e discusión.

INSCRICIÓNS:

Ata o 25 de outubro de 2018, mediante correo ao enderezo electrónico , indicando nome, apelidos, DNI e colectivo (docente, investigador, alumno/a, outros).


Programa completo