Facultade de Dereito

Alumnado de Dereito aprende técnicas de busca activa de emprego

Egresados e egresadas volveron ao centro para explicar os seus traballos e traxectorias

A Facultade de Dereito do campus de Ourense celebrou este venres o III Foro de Emprego Xurídico Orienta Iuris.

A programación consistiu no desenvolvemento dun obradoiro de orientación laboral que levou por título Estratexias para a busca activa de emprego e saídas profesionais dos graduados/as en Dereito. O obxectivo da iniciativa continuar fomentando a empregabilidade dos egresados e egresadas do eido xurídico amosándolle as diferentes opcións que teñen ao remate dos seus estudos.

Alumnado de Dereito aprende técnicas de busca activa de emprego

Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito, subliñou na inauguración da cita como esta naceu ante a convicción que ademais dunha “sólida formación xurídica” o centro debe ofrecer ao seu alumnado orientación sobre saídas profesionais. Así, destacoulle aos estudantes presentes o obxectivo da facultade de “sensibilizarvos sobre a importancia de buscar xa durante a vosa vida universitaria estratexias que vos permitan diferenciarvos doutros titulados en Dereito e adquirir competencias e habilidades complementarias que demanda a sociedade actual, que facilitarán a vosa inserción laboral e vos converterán en profesionais de éxito”.


Ler a noticia completa no DUVI