Facultade de Dereito

Alumnos da Facultade de Dereito visitaron o Centro de Menores Monteledo e a Prisión de Pereiro de Aguiar

26 alumnos da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo que cursan as materias de Dereito Penal e Procesual de Menores e Criminoloxía e Dereito Penitenciario visitaron o Centro de Menores Monteledo e a Prisión de Pereiro de Aguiar co obxectivo de contrastar os coñecementos adquiridos nas materias coa aplicación na realidade.

Foron acompañados dos Profesores D.ª Ángela Coello Pulido e D. Manuel Arias Carral. A Directora e Director do Centro de Menores e da Prisión de Pereiro, respectivamente, explicaron ao alumnado as características dos centros, visitando as distintas instalación.

20190508

A prevención, o mellor antídoto contra a corrupción na contratación pública

O catedrático Juan Ramón Fernández ofreceu unha conferencia en Dereito

O Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública, con sede na Facultade de Dereito do campus de Ourense, organizou este mércores unha conferencia na que Juan Ramón Fernández, catedrático de Dereito Administrativo da Universidad Complutense de Madrid, falou da prevención como o mellor antídoto contra a corrupción na contratación pública e expuxo as principais ferramentas que teñen as e os cidadáns para protexer os seus dereitos á hora de participar nunha licitación.

20190508 2
Ler máis...

Poder recorrer unha sentenza, un dereito fundamental da cidadanía

Durante a súa intervención analizou o marco xurídico estatal e europeo

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este xoves a conferencia. O dereito ao recurso non penal no proceso español á luz da Constitución Europea e do Convenio Europeo de Dereitos Humanos. Nela Rafael Bellido, catedrático de Dereito Procesual da Universidad de Valencia, explicou ao alumando presente no acto como se articula en España o dereito que ten a cidadanía a pedir a revisión dunha decisión xurídica por considerala inxusta.

20190502
Ler máis...

Catro estudantes de 4º curso do Grao en Dereito visitaron a Audiencia Nacional

Catro estudantes de 4º curso do Grao en Dereito da nosa Facultade participaron, no marco das Prácticas externas que realizan na Subdelegación de Goberno, nunha visita institucional á Audiencia Nacional do 22 ao 26 de abril. A actividade tivo para eles un especial interese formativo, pois na institución os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer in situ, e a través de persoas que exercen cargos públicos de máxima responsabilidade, a estrutura, organización e funcionamento dun órgano xurisdicional, centralizado e especializado, con sede en Madrid e xurisdición en todo o territorio nacional, así como realizar prácticas, coñecer a oficina de vítimas de terrorismo, a clínica forense e os equipos técnicos dos xulgados centrais e de visitar a cárcere de Aranjuez, o centro de menores condenados por terrorismo e un centro de acollida de presos sen recursos e familia.

20190430 1
Ler máis...

Unha ollada ao “acertado” réxime xurídico contra a publicidade denigrante sobre as mulleres

Nunha conferencia celebrada este venres na Facultade de Dereito

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este venres unha conferencia de Luis Antonio Velasco, catedrático de Dereito Mercantil da Universidad de Valladolid, sobre a publicidade denigrante para as mulleres. Na súa intervención analizou o marco xurídico da publicidade sexista apuntando como cada vez hai unha maior sensibilidade neste eido e como na actualidade “o estándar que temos en España é bastante elevado”.

20190426
Ler máis...