Facultade de Dereito

Liga de Debate da Universidade de Vigo 2018/2019

Entre os meses de novembro e decembro celebrarase unha nova edición da Liga de Debate na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo.

Desde o xoves 8 de novembro ábrese o prazo de inscrición (ata o venres 16 de novembro) nunha nova edición da “Liga de debate” da Universidade de Vigo que dirixe o profesor de Filosofía do Dereito Pablo Bonorino. Esta iniciativa, pioneira na nosa Universidade, busca formar no diálogo crítico e a discusión racional a todo o estudantado.

A liga desenvolverase entre os meses de novembro e decembro; a final celebrarase o xoves 13 de decembro.

As inscricións realizaranse a través do enderezo electrónico , enviando os datos persoais dos membros do equipo.

O prazo de inscrición remata o venres 16 de novembro.


COLABORA: Rúa Abogados