Facultade de Dereito

Bolsas de formación complementaria no marco do EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, 2017/18

O obxecto da convocatoria é o fomento da formación do alumnado da Universidade de Vigo, a través dun programa que conxuga un obradorio formativo en interculturalidade coa realización de prácticas académicas extracurriculares de carácter transfronteirizo.

Pode solicitar a bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2017/2018 e durante todo o período de duración da bolsa nos estudos de Grao da Universidade de Vigo especificados para cada bolsa no Anexo II.
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. O úlitmo día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada ou a propia universidade na que se van a realizar as prácticas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de maio de 2018.


Convocatoria