Facultade de Fisioterapia

II Xornadas "Pensar o dereito"

Os días 18 e maio, 1 e 8 de xuño celebraranse as II Xornadas "Pensar o dereito" na Facultade de Dereito do Campus de Ourense.


Nestas xornadas trataranse distintos temas de gran interese xurídico académico e social, cuestións como os mitos, problemas e retos da proba científica, aspectos do proceso penal, cuestións que puideran preocupar socialmente como a responsabilidade patrimonial médica, ou por qué non falar de "El Derecho en serio", son algunhas das cuestións que se desenvoverán ao longo destes días sen obviar un debate constructivo sobre "La administración de justicia después de las últimas reformas legislativas" que a todos afectan, profesionais da administración de xustiza, xuristas e sociedade en xeral.


Matricula

Gratuita. Expedirase un certificado de asistencia aos asistentes inscritos previamente.


Inscrición on line:

Enviando un corre e-mail á dirección facendo constar: nome, apelidos, DNI, profesión, teléfono de contacto e correo electrónico.

Serán admitidas todas as solicitudes por rigurosa orde de inscrición ata completar o aforo da sala.


Destinatarios:

Estas xornadas están orientadas a profesionais do dereito e cidadanía en xeral.


Diptico das xornadas | Web das xornadas