Facultade de Fisioterapia

Menores con dereitos pero tamén con responsabilidades

O campus acolleu este xoves unha xornada sobre o seu tratamento penal

 

O pasado mes de decembro, a Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense puxo en marcha unha iniciativa que baixo o nome de Caso Acoso tiña como obxectivo loitar contra o acoso escolar. Para acadalo, estudantes hoxe universitarios volveron ás aulas de Educación Secundaria Obrigatoria de centros da cidade para contribuír a que o alumnado fose consciente do que supón esta forma de violencia e das súas consecuencias, contando co testemuño en primeira persoa de estudantes que viviron durante a súa etapa na ESO situacións deste tipo. Este xoves a iniciativa culminou a súa programación deste curso coa celebración dunha xornada sobre a responsabilidade penal do menor.

menores con dereitos e responsabilidades

Beatriz Pardo, representante da Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito e membro de Caso Acoso, foi a encargada de dar a benvida aos arredor de 150 estudantes do Instituto de Educación Secundaria Ramón Otero Pedrayo de Ourense que se achegaron á xornada. Durante a súa intervención lembrou como este centro foi un dos que acolleu as sesións de sensibilización realizadas e destacou a boa acollida que tivo a iniciativa na comunidade escolar ourensá en xeral. Neste senso, Francisca Fernández Prol, vicedecana da Facultade de Dereito, quixo agradecer á Delegación de Alumnos participante “o seu compromiso, dinamismo e activismo social cunha lacra que está causando tantos estragos como é o acoso”.


Ler a noticia completa no DUVI