Dereito pon en marcha un ciclo de conferencias e mesas redondas sobre saídas profesionais

O embaixador do programa EU Careers na UVigo falará sobre oportunidades no eido comunitario

Cartaz da primeira sesión do ciclo

Co obxectivo de fomentar a futura empregabilidade do seu alumnado, a Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza cada curso académico unha serie de actividades de orientación laboral. Este curso, atendendo ás limitacións provocadas pola situación sanitaria, pon en marcha un ciclo de conferencias e mesas redondas sobre saídas profesionais. A primeira das sesións terá lugar este venres, día 27 de novembro, coa participación de Isaías Basilio de Souza, embaixador do programa EU Careers na UVigo, que falará ás persoas interesadas, a través do Campus Remoto da UVugio, sobre oportunidades no marco europeo.

Ler a nova completa no DUVI